Quen somos

Somos un grupo de persoas relacionadas co ensino público non universitario, por razóns profesionais ou simplemente porque é unha etapa que nos toca vivir cos nosos fillos e fillas. Pensamos que o ensino é algo vivo e queremos ser membros activos desta comunidade. Cremos que o feito de que toda a cidadanía poida acceder a  unha educación que corrixa as diferenzas económicas, sociais, mesmo físicas, é a maior das conquistas que logrou a nosa sociedade en democracia.

Non estamos dispostos a que ningún goberno, de ningun signo, e moito menos baixo a falsa bandeira da rendabilidade, intente destruír esa conquista.

Por iso facemos isto, por iso  pedimos a máis ampla colaboración; porque é preciso ter unha voz forte, mais tamén é necesario ter unha voz plural.

Actividades