NOVAS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

24.10.2013 20:08

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten convocado xa actos reivindicativos para o 13 de novembro e está a recoller sinaturas para o Manifesto Cultura Galega contra a LOMCE. Na rolda de prensa estiveron representantes de distintas organizacións que integran a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público: Carmen Romero da AS-PG, Anxo Louzao da CIG-Ensino, Mónica Martínez dos Comités, a Liga Estudantil Galega, Fernanado Lacaci, da Federación das ANPA de Compostela, Andrea Martins, de Galiza Nova e o deputado Cosme Pombo do BNG. A Plataforma está integrada tamén pola Federación Provincial das ANPA de Lugo (FAPACEL), a Federación das ANPA da Costa da Morte, a Federación das ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), o Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público e o Sindicato de Estudantes,.