Mesa redonda sobre a Lomce: Compostela, 11 de febreiro

07.03.2013 11:15

O 11 de febreiro, ás 19.00 horas, celebrarase unha mesa redonda, A LOMCE a exame, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela. Organizada por Nova Escolar Galega, a Revista Galega de Educación e a Facultade de Ciencias da Educación, na mesa tomarán a palabra Mariló Candado, Helena Gómez, Milagros Couto, María del Mar Fernández e Xosé Ramos.