Baixo o lema “Na defensa do ensino público, nin un paso atrás. Non á LOMCE“, os Comités animan a participar na xornada de folga de mañá 6 de febreiro.

05.02.2013 21:13

Na defensa do ensino público, nin un paso atrás! Non á LOMCE!

Baixo o lema Na defensa do ensino público, nin un paso atrás. Non á LOMCE, os Comités convocaron unha xornada de folga no ensino medio e universitario para o vindeiro mércores 6 de febreiro. Coa LOMCE só se pretende avanzar na privatización, na recentralización e no reforzamento dun ensino elitista ao servizo da Igrexa Católica.

Participa nalgunha das vinte e cinco mobilizacións convocadas na meirande parte de comarcas de toda Galiza para o vindeiro mércores, 6 de febreiro, na folga estudantil contra a LOMCE e na defensa do ensino público.
Os Comités convocamos e apoiamos as diversas manifestacións para este 6 de febreiro e facemos un chamamento a participar en calquera delas manifestacións convocadas.

CONSULTA HORARIOS E LUGARES AQUÍ: COMITÉS