A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para o 31 de Xaneiro mobilizacións contra a LOMCE nas sete cidades

29.01.2013 18:05

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para o 31 de Xaneiro mobilizacións contra a LOMCE nas sete cidades. A Plataforma fai un chamamento aos pais e nais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto para que participen nas concentracións convocadas de xeito simultáneo para o 31 de Xaneiro nas sete cidades ás 19:30 h.