A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia apoia a Semana de Loita convocada polo Sindicato de Estudantes
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia (Escola Viva, CSIF, Fete-UGT, Confapa Galicia, CCOO Ensino, Sindicato de Estudantes, IESGA) manifesta nun comunicado o seu apoio á nova semana de loita convocada polo Sindicato de Estudantes e fai un chamamento un chamamento ao profesorado, estudantes, nais e pais para que apoien todas a accións que se levarán a cabo durante esta semana en defensa do ensino público, especialmente a celebración de manifestacións e concentracións o 7 de Febreiro pola tarde:
- A Coruña na Praza da Palloza ás 19 horas
- Santiago de Compostela na Alameda ás 19 horas
- Ferrol diante do edificio administrativo da Xunta ás 19 horas
- Vigo en Vía Norte ás 20 horas