A Federación Compostela de ANPAS de Ensino Público chama a participar nas mobilizacións estudiantís

05.02.2013 09:26

A Federación Compostela de ANPAS de Ensino Público manifesta nun comunicado a conveniencia de que as familias contribúan ao
baleiramento dos centros de ensino, asumindo a necesidade de que os seus fillos e fillas non asistan a clase o mércores día 6 de febreiro, que é o día en que todos os sindicatos convocantes coinciden en chamar á folga .